Fresco y del Mar: novo patrocinador do club
Santiago Futsal e “Fresco y del Mar” ligan os seus camiños cun acordo de patrocinio nestes playoffs. A empresa galega, afincada en Muros, facilitou cunha axuda económica fundamental que ó club puidese realizar a viaxe a Mataró para disputar a volta da eliminatoria de ascenso. A entidade agradece enormemente o apoio das empresas que permiten que o proxecto continúe adiante.
Fresco y del Mar é unha pescadería online para a venda de pescado e marisco fresco galego. Conta cunha filosofía comprometida co noso entorno natural, cren que o mellor xeito de seguir disfrutando dos nosos excelentes mariscos e pescados é asegurando a súa existencia no futuro, por iso os productos que comercializan proceden na súa maioría da pesca artesanal, que respeta o entorno marino.
