Esta xornada xogamos en Santiago, pero non en casa
A mañan do martes día 08 de marzo, chegounos un comunicado vía correo electrónico dende a Concellería de Deportes do Concello de Santiago, que o partido que xogamos nesta fin de semana contra O Parrulo “B” correspondente á xornada 24 non se xogará na nosa casa, o pavillón de Santa Isabel, senón que será no pavillón do Restollal.
Esta situación é perxudicial para o nós, non só polos motivos deportivos que afectan á nosa plantilla ao cambiar a nosa pista habitual por un pavillón diferente nesta recta final da tempada. Senón que tamén, polos problemas e malestar xerados para a nosa afección co cambio realizado. En relación a isto, pedimos desculpas á afección por non poder facer nada para evitar esta situación.
Non obstante, esta decisión da Concellería non nos chega por sorpresa. De forma inédita en dez anos, o club aínda non pudo recibir a subvención do ano 2021. Algo que lastra ao club de forma gravísima de cara a xestión deportiva durante a presente tempada. Lamentamos profundamente que se den estas situacións sendo o Santiago Futsal un dos equipos con maior percorrido deportivo e histórico da cidade de Compostela, e lamentamos tamén o trato que recibe o deporte do fútbol sala por parte da Concellería.