Despois de coñecer os cambios con respecto aos límites do aforo en eventos deportivos indicados polas autoridades santarias e o Concello de Santiago, o club santiagués continúa co plan da súa campaña de abonados, no que iría ampliando as prazas a medida que a situación o permitise.
Chegado o día de hoxe o JERUBEX Santiago Futsal abre de novo a posibilidade de inscribirse como abonado a 100 persoas máis para esta tempada 20-21, vendendo tamén entradas para os partidos en taquilla a 10 € dende o próximo partido contra o CD Leganés o sábado día 12 ás 19:00 horas en Santa Isabel.
Ademáis, os xogadores da base inscritos nesta tempada 20-21 poderán acceder de maneira gratuíta aos partidos que se disputen como locais, podendo así volver a animar ao seu equipo no pavillón santiagués.
Os prezos manterán a estructura de comezos de temporada, habilitando unha opción para todos aqueles posuidores dun abono amigo, que poderán completar a súa inscripción por 35 € para poder asisitir aos partidos en Santa Isabel.
- Tarifa Adulto: 50€
- Menores de 18 anos: 15€
-Abono amigo: 15€ Dá dereito a
unha bufanda ou máscara oficial do club, preferencia para adquirir o abono en
fases posteriores e a entradas para partidos de liga ou copa nos que haxa aforo
dispoñible a un prezo de 5€
- Completar abono amigo: 35
€. Cuota destinada aos posuidores dun
abono amigo que non puideron facer o abono completo no seu momento e queren
acceder a todos os partidos da tempada en Santa Isabel.
-Asento de agradecemento: GRATIS. En tódolos partidos haberá 5 asentos a disposición dos traballadores da sanidade pública. Cónstanos que entre os nosos afeccionados hai moitos médic@s, enfermeri@s, celadores, etc... aos que lle debemos moitísimo. É a nosa maneira de agradecer todo o que fan por nós. Só teñen que escribirnos a comunicacion@santiagofutsal.com para solicitar a súa entrada.
Para tramitar os abonos desta
segunda fase o club facilitará a través da súa web e redes sociais ligazón na
que se poderá efectuar a inscripción de forma sinxela dende calquera
dispositivo con acceso a internet a través da plataforma CLUBER. Dende o
Santiago Futsal tamén ofrecemos a opción de tramitar o carné presencialmente
nas oficinas do club no Multiusos Fontes do Sar reservando cita previa a través
tamén de comunicacion@santiagofutsal.com .
🔗 Link para facerte abonado do Santiago Futsal esta temporada 20-21!
➡️ SEN TI, NON TEN SENTIDO
